No sentido fantástico, un modo de facer que as palabras sexan máis produtivas é deformalas. A clave deste xogo está no uso dun prefixo.
Cun des xa podemos transformar un “colgador” , obxecto común para pendurar a roupa, nun “descolgador”, que serve para descolgala, nun país de escaparates sen cristais.
Superman xa existe e é un caso clarísimo de aplicación do “prefixo arbitrario”.
Así que poñédevos a lembrar os distintos prefixos:
bi- tri- micro- mini- maxi- semi- anti-
para crear novas palabras:
bipluma trivaca microhipopótamo minirrañaceos minicaixón maximanta semifantasma
…e con esas palabriñas novas….crear unha pequeña historia onde expliquedes o significado e utilidade dese novo vocablo.